miércoles, 1 de octubre de 2014

A humanidade necesita 1,5 planetas para satisfacer a súa demanda

    Actualmente as demandas da humanidade sobre o planeta son un 50% maiores do que a natureza pode xerar, polo que a este ritmo serían necesarios 1,5 planetas coma a Terra para producir os recursos necesarios para soportar a pisada ecolóxica humana e a nosa condición de vida.

   Así o di "Informe Planeta Vivo 2014", nun documento que tamén revela inquietantes datos como o dramático descenso da biodiversidade e un notable aumento do impacto das actividades humanas.

  Os países de altos ingresos teñen unha pisada ecolóxica cinco veces superior á dos de baixos ingresos. Este ránking está encabezado por Kuwait, Qatar, Emiratos Árabes Unidos, Dinamarca.. España ocupa o lugar 40. Se todas as persoas do mundo tiveran a mesma calidade de vida ca un español medio farían falta 2 Terras, para xerar os recursos suficientes.

   Por outro lado este estudo fai incapé no descenso da fauna salvaxe nun 52% nos últimos 40 anos, facéndose mais grande (70%) na fauna de auga doce. Isto débese a unha combinación  da destrucción e da degradación do hábitat, así como ao comezo do cambio climático.






No hay comentarios:

Publicar un comentario