jueves, 11 de junio de 2015

Vidrio en Marte

   O orbitador MRO da NASA detectou depósitos de vidro nos cráteres de impactos en Marte. Aínda que estas depresións se forman polo calor dun impacto violento poden proporcionar pistas sobre a vida en Marte.

   En 2014 un estudo atopou materia orgánica e vexetal sepultada en vidrio na Terra. Isto pode abrir a porta a novos métodos de búsqueda de vida en Marte. Ahora investigadores estadounidenses quixeron probar esto unha vez descuberto ese vidrio de impacto.

   Vidrio de impacto que existe en grandes depósitos e que analizaron grazas ao espectro da luz reflexada pola superficie do planeta aínda que o vidrio non ten unha sinal espectral demasiado forte.

    Así este novo descubrimento abre as portas á un novo tipo de búsqueda de vida en Marte que se podería atopar no vidrio, ao igual que na Terra.

Caer nun buraco negro?

   Según un recente estudio se unha persoa caera nun buraco negro non quedaría aplastada como poderíamos pensar nun principio, senón que a realidade dividiríase en dous. Nunha delas a persoa sería incinerada directamente mentras que na outra se sumerxiría no buraco totalmente ilesa; xa que nos buracos negros as leis da fisica que coñecemos perden sentido.

   Esto débese a que un obxecto o suficientemente denso pode curvar tanto o espazo-tempo que acabaría formando un buraco na propia realidade.

   O límite do buraco negro é o horizonte de sucesos, o límite que se se pasa a luz xa non podería escapar do buraco negro.

   Se unha persoa se acerca a el aparecerían dúas visións. Primeiro a persoa estiraríase e contraeríase e a medida que se fora adentrando no buraco iría avanzando cada vez máis lentamente. Ao chegar ao horizonte quedaríase quieto nel mentras a radiciación Hawking e a interrupción do tempo o reducirían a ceniza.

   Desde dentro navegaría hacia dentro sen nada que o alterase xa que estaría en caida libre e non habería gravedade. O chamado "pensamento máis feliz" de Einstein. Ainda que se é un buraco moi pequeno a forza sería máis grande nos seus pés e estiraríase.

   Así o tempo solo avanza, pero dentro do buraco negro hai un caos entre a realidade e o tempo polo que o tempo tiraría da persoa cara dentro e esta non podería escapar igual que tampouco podemos viaxar atrás no tempo.

viernes, 5 de junio de 2015

O ADN "resetéase" en cada xeración

   Ao igual que dúas persoas non leen de igual maneira un mesmo libro, as diferentes células do noso corpo non leen de igual maneira a información xenética que é a mesma para todas. É con esta maneira distinta de leer a información xenética como as células do noso organismo se diferencian entre elas.

   As células leen unha cousa ou outra en función da epixenética. Un conxunto de mecanismos de regulación, que encenden e apagan xenes. Así unha célula do fígado non lee a información necesaria para unha célula do oso. Estes mecanismos son especialmente importantes no desenrolo embrionario que comeza a partir dunha única célula (cigoto).

   Un equipo de investigadores da Universidade de Cambridge describiron como nun momento dado un grupo de células do embrión se resetean e perden as súas marcas xenéticas. Este estudio explica como se reprograman aquelas células que de adulto permitirán xerar óvulos e espermatozoides, ademáis indican que algunhas zonas do ADN non se resetean para evitar secuencias que podan xerar problemas.

   A información epixenética é importante para regular os xens, pero calquer fallo nos mecanismos de regulación pode ser perxudicial se pasa á descendencia. É por iso que a información debe ser reseteada en cada xeración antes de que o cigoto se desenrole. Isto é comparable a borrar o disco duro antes de engadir novos datos.

   Esta é unha investigación moi importante, xa que permitirá saber como funciona un proceso crucial na regulación dos xenes e axudaranos a entender como funcionan as células.



jueves, 4 de junio de 2015

O baile das lúas de Plutón

   Dentro de 40 días a nave New Horizons da NASA efectuará a súa máxima aproximación a Plutón.
   Un planeta enano que dende o descubrimento de Eris, o que o degradou de ser un planeta; está sendo moi estudiado. Foi grazas ao Hubble como descubriron o caótico xiro das lúas arredor de Plutón e o seu satélite principal, Caronte.

   Todas as lúas xiran sobre o seu eixe á mesma velocidade que o planeta que orbitan, é por iso que sempre vemos a mesma cara da lúa e polo que decimos que ten unha cara oculta.

   En cambio, dúas das lúas de Plutón; Nix e Hidra, teñen unha rotación caótica. Esto débese a que ambas rotan arredor de Plutón e Caronte, co que a gravidade varía, facendo que o xiro das lúas tamén o faga, ademáis a forma de balon de rugby de Nix e Hidra aumenta este efecto.

   Esta investigación permitirá estudar a mecánica de sistemas dobles de estrelas, no que planetas xiran arredor de dúas estrelas, e dos que ata agora non coñecemos nada.

miércoles, 3 de junio de 2015

Retrásase o lanzamento do novo platiño voante da NASA

   A mala situación do océano pacífico obliga a pospoñer o lanzamento do proxecto do platiño voante da NASA xa que a altura das olas é clave para conseguir recuperar os datos conseguidos ademáis da necesidade do uso de globos a gran altura e varios desaceleradores supersónicos.

   Este lanzamento poñerá a proba a tecnoloxía actual e poderá permitir o transporte de grandes cantidades de cargamentos a calquera parte da Terra e incluso a outros planetas como Marte.



   O lanzamento comeza coa elevación da nave a unha altura de 37 kilómetros onde se lle fará unha análise, e se todo vai según o planeado, o LDSD (desacelerador supersónico de baixa densidade) soltarase do globo e alcanzará unha altura de 55 kilómetros. Unha vez alcanzada esa altura, comezará o descenso que ademáis de probar o colchón hinchable e os paracaídas supersónicos permitirá saber a carga que se pode levar nel. Todo un proxecto, coa vista posta nunha futura misión a Marte.



lunes, 1 de junio de 2015

A galaxia caníbal

   Despois do Big Bang e gracias á gravidade a materia agrupouse en distintas "illas" formando as galaxias. Pero dentro das galaxias a materia non se agrupou de forma uniforme senón que os primeiros gases formados polo Big Bang (hidróxeno e helio) agruparonse tanto nalgunhas partes que deron orixe ás estrelas.

   No interior delas alcanzánse temperaturas moi elevadas que permiten a fusión nuclear, a cal da orixe á formación de átomos máis pesados e complexos coma o carbono ou o osíxeno. É mediante estos datos como os astrofísicos analizan a idade das galaxias.

   Foi así como un equipo de astrónomos españoles e australianos descubriron a galaxia NGC 1512, que tiña restos doutras galaxias que enguliu no pasado. Incluso esta galaxia non só tiña restos de "cadáveres" doutras galaxias senón que nas imaxes conseguidas pódese apreciar como está tragando a unha galaxia enana.

   A proba que o demostra é o conxunto de gases que se atopou arredor de NGC 1512 formado por átomos pesados. NGC 1512 necesitaría 100 veces máis estrelas para poder formar esa cantidade de átomos complexos. É por isto, que os astrónomos teñen dúas teorías: ou ben eses restos son de galaxias enanas que NGC 1512 comeu, como a que se descubriu na foto, ou ben ese gas perdeuse doutra galaxia e ahora chegou a NGC 1512.

   Coas técnicas usadas para este descubrimento, abrénse as portas a novas investigacións sobre outras galaxias, para pouco a pouco irnos acercando ao obxectivo principal: entender como funciona o universo no que estamos.