jueves, 30 de abril de 2015

Problema de saúde ou ético?

   Faise público un recente programa de investigacion de científicos chinos con embrións humanos. Unha investigación que acaba en fracaso.

    Buscan modificar o xen que a moita xente lle mengua a capacidade de producir hemoglobina, que axuda a transportar o osíxeno pola sangre e pode provocar unha grave anemia.

    Este experimento foi feito con embrións humanos, que xa non se podían desenvolver correctamente. Esta práctica ademais de plantear un problema ético e de moral, implica outros inconvintes. O máis perigoso é a expansión dese xen modificado que pode causar problemas a unha gran parte da poboación local e incluso mundial.