domingo, 30 de noviembre de 2014

Unha nova visión da antimateria


   Un grupo de investigadores acaba de descubrir unha nova partícula subatómica, chamada mesón Bs, que podería demostrar que o universo ten moita mais materia que antimateria.

   A antimateria intriga aos físicos dende fai anos, xa que según se di; no Big bang orixinouse unha cantidade igual de materia que de antimateria, que ata agora ninguen "veu". A cada partícula de materia correspóndelle a súa partícula de antimateria, cunha carga eléctrica oposta.

   Se unha partícula de antimateria choca cunha de materia, ambas se destrúen nun luminoso acto. Ata agora ninguen conseguíu ver isto, polo que é probable que non existan galaxias e estrelas de antimateria.

   Nembergante no 2006 descrúbrese unha partícula subatómica chamada meson Bs, que podería oscilar entre materia e antimateria, sendo as veces materia e outras a súa oposta.

   Este descubrimento ocasionou unha gran investigación en laboratorios tan importantes coma o CERN, xa que de se confirmar as hipóteses, a física que conocemos, daría un gran salto. Esto suporía a violación da simetría CP que afirma que no universo existe un equilibrio entre materia e antimateria.

   Actualmente investigadores están manexando a posibilidade de que a antimateria producida no Big bang (na mesma cantidade que ca a materia) se fose transformando na materia polo que todo o que coñecemos esta formado, grazas ao enfriamento do universo. Despois de varias investigacións sobre esta partícula chegouse á conclusión de que non era nada novo para as leis da física actual.

   Así acabo esta entrada; cunha frase de Sheldon Stone sobre o descrubimento dunha nova física. "Solo necesitamos levar a cabo análises máis sensibles para poder olfateala"

Fontes



No hay comentarios:

Publicar un comentario