domingo, 30 de noviembre de 2014

Homo Habilis

   Este hominino é un dos máis antigos integrantes do xénero Homo, polo tanto un dos nosos antepasados máis vellos.
 
   Viviu en África hai entre 2,5 e 1,5 millóns de anos. Habilis non era moi distinto dos Australopithecus tiña unha capacidade craneal maior ( duns 600 cm3 ) e era un pouco máis pequeno.

   O descubrimento desta especie foi gracias a Mary e Louis Leakey, os cales atoparon os primeiros fósiles en Tanzania no 1962. O nome Habilis fai referencia a que estes foron os primeiros homininos con capacidades técnicas para fabricar utensilios.

   Os análises mostran un desgaste na dentadura, que xunta outras probas nos di, que esta especie comía carne, aínda que seguramente non a cazara, senón que actuara coma un carroñeiro. Os cantos que tallaban bruscamente, eran utilizados para extraer o tuétano dos restos óseos que deixaban outros animais.

   Habilis non coñecía o lume nin poseía unha linguaxe articulada. Aínda así os seus rasgos eran moi humanos. Tiña uns brazos mais cortos, e a pelvis, a cabeza do fémur e o foramen magnum atestigüan que camiñaba ergueito. Ademais disto, experimentou unha reducción do aparato masticador.

   Son estas probas as que permitiron clasificar a este antepasado coma un Homo, da nosa mesma especie.




No hay comentarios:

Publicar un comentario