lunes, 16 de marzo de 2015

100% humanos?

   Unha recente investigación de Alastair Crisp desvela que polo menos 145 dos xens do noso xenoma non son "nosos", senón que proceden doutras especies de animais ou incluso de bacterias e virus que; dunha maneira descoñecida conseguiron incrustar o seu ADN no noso xenoma.

   Xa se sabía da transferencia xenética "horizontal", é decir, o intercambio de información xenética hereditaria entre organismos distintos. Por exemplo en bacterias que intercambian xogos de xens concretos que lles permiten obter unha resistencia a por exemplo un antibiótico. Ahora, Crisp, apunta isto pero para organismos moito máis complexos coma o corpo humano.
 
    Para esta complexa investigación Crisp tivo que comparar cada xen co xens doutros animais,plantas e microorganismos. Así, conclúe a súa investigación atopando polo menos 145 xens que non son nosos.

    O propio Crisp conclúe a súa investigación comparando ao árbol evolutivo perfectamente divido cunha enredadeira na que xens se pasan de organismos moi distintos. E que podía haber feito un gran papel na evolución de moitas especies, entre elas, a nosa.

    Fontes



No hay comentarios:

Publicar un comentario