lunes, 1 de junio de 2015

A galaxia caníbal

   Despois do Big Bang e gracias á gravidade a materia agrupouse en distintas "illas" formando as galaxias. Pero dentro das galaxias a materia non se agrupou de forma uniforme senón que os primeiros gases formados polo Big Bang (hidróxeno e helio) agruparonse tanto nalgunhas partes que deron orixe ás estrelas.

   No interior delas alcanzánse temperaturas moi elevadas que permiten a fusión nuclear, a cal da orixe á formación de átomos máis pesados e complexos coma o carbono ou o osíxeno. É mediante estos datos como os astrofísicos analizan a idade das galaxias.

   Foi así como un equipo de astrónomos españoles e australianos descubriron a galaxia NGC 1512, que tiña restos doutras galaxias que enguliu no pasado. Incluso esta galaxia non só tiña restos de "cadáveres" doutras galaxias senón que nas imaxes conseguidas pódese apreciar como está tragando a unha galaxia enana.

   A proba que o demostra é o conxunto de gases que se atopou arredor de NGC 1512 formado por átomos pesados. NGC 1512 necesitaría 100 veces máis estrelas para poder formar esa cantidade de átomos complexos. É por isto, que os astrónomos teñen dúas teorías: ou ben eses restos son de galaxias enanas que NGC 1512 comeu, como a que se descubriu na foto, ou ben ese gas perdeuse doutra galaxia e ahora chegou a NGC 1512.

   Coas técnicas usadas para este descubrimento, abrénse as portas a novas investigacións sobre outras galaxias, para pouco a pouco irnos acercando ao obxectivo principal: entender como funciona o universo no que estamos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario