jueves, 4 de junio de 2015

O baile das lúas de Plutón

   Dentro de 40 días a nave New Horizons da NASA efectuará a súa máxima aproximación a Plutón.
   Un planeta enano que dende o descubrimento de Eris, o que o degradou de ser un planeta; está sendo moi estudiado. Foi grazas ao Hubble como descubriron o caótico xiro das lúas arredor de Plutón e o seu satélite principal, Caronte.

   Todas as lúas xiran sobre o seu eixe á mesma velocidade que o planeta que orbitan, é por iso que sempre vemos a mesma cara da lúa e polo que decimos que ten unha cara oculta.

   En cambio, dúas das lúas de Plutón; Nix e Hidra, teñen unha rotación caótica. Esto débese a que ambas rotan arredor de Plutón e Caronte, co que a gravidade varía, facendo que o xiro das lúas tamén o faga, ademáis a forma de balon de rugby de Nix e Hidra aumenta este efecto.

   Esta investigación permitirá estudar a mecánica de sistemas dobles de estrelas, no que planetas xiran arredor de dúas estrelas, e dos que ata agora non coñecemos nada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario