jueves, 11 de junio de 2015

Caer nun buraco negro?

   Según un recente estudio se unha persoa caera nun buraco negro non quedaría aplastada como poderíamos pensar nun principio, senón que a realidade dividiríase en dous. Nunha delas a persoa sería incinerada directamente mentras que na outra se sumerxiría no buraco totalmente ilesa; xa que nos buracos negros as leis da fisica que coñecemos perden sentido.

   Esto débese a que un obxecto o suficientemente denso pode curvar tanto o espazo-tempo que acabaría formando un buraco na propia realidade.

   O límite do buraco negro é o horizonte de sucesos, o límite que se se pasa a luz xa non podería escapar do buraco negro.

   Se unha persoa se acerca a el aparecerían dúas visións. Primeiro a persoa estiraríase e contraeríase e a medida que se fora adentrando no buraco iría avanzando cada vez máis lentamente. Ao chegar ao horizonte quedaríase quieto nel mentras a radiciación Hawking e a interrupción do tempo o reducirían a ceniza.

   Desde dentro navegaría hacia dentro sen nada que o alterase xa que estaría en caida libre e non habería gravedade. O chamado "pensamento máis feliz" de Einstein. Ainda que se é un buraco moi pequeno a forza sería máis grande nos seus pés e estiraríase.

   Así o tempo solo avanza, pero dentro do buraco negro hai un caos entre a realidade e o tempo polo que o tempo tiraría da persoa cara dentro e esta non podería escapar igual que tampouco podemos viaxar atrás no tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario