viernes, 5 de junio de 2015

O ADN "resetéase" en cada xeración

   Ao igual que dúas persoas non leen de igual maneira un mesmo libro, as diferentes células do noso corpo non leen de igual maneira a información xenética que é a mesma para todas. É con esta maneira distinta de leer a información xenética como as células do noso organismo se diferencian entre elas.

   As células leen unha cousa ou outra en función da epixenética. Un conxunto de mecanismos de regulación, que encenden e apagan xenes. Así unha célula do fígado non lee a información necesaria para unha célula do oso. Estes mecanismos son especialmente importantes no desenrolo embrionario que comeza a partir dunha única célula (cigoto).

   Un equipo de investigadores da Universidade de Cambridge describiron como nun momento dado un grupo de células do embrión se resetean e perden as súas marcas xenéticas. Este estudio explica como se reprograman aquelas células que de adulto permitirán xerar óvulos e espermatozoides, ademáis indican que algunhas zonas do ADN non se resetean para evitar secuencias que podan xerar problemas.

   A información epixenética é importante para regular os xens, pero calquer fallo nos mecanismos de regulación pode ser perxudicial se pasa á descendencia. É por iso que a información debe ser reseteada en cada xeración antes de que o cigoto se desenrole. Isto é comparable a borrar o disco duro antes de engadir novos datos.

   Esta é unha investigación moi importante, xa que permitirá saber como funciona un proceso crucial na regulación dos xenes e axudaranos a entender como funcionan as células.



No hay comentarios:

Publicar un comentario