domingo, 22 de marzo de 2015

A estrella máis rapida da galaxia

   Desta vez ademais da entrada deixarei un video que fala con máis detalle de como se descubreu unha estrela que supera con moita diferenza a rexistros anteriores en canto a velocidade. Este astro móvese a 1200 km/s. Nunca antes se vira unha estrela que se movera tan rápido.

   Crese que US 708 alcanza esa velocidade por culpa da explosión dunha supernova termonuclear,o que lle otorgou tanta forza como para poder vencer á gravidade da galaxia e escapar cara ao espazo intergaláctico.

   As rarezas non acaban ahí, senón que US 708 está composta de helio con forma compacta e rotación rapida. Isto indica que posiblemente se formara a partir dunha estrela irmá que lle transferiu ese helio á supernova e provocou a explosión que lle otorgou esa velocidade.

   Sen dúbida un gran descubrimento, no que seguiran buscando para atopar a causa de grandes explosións de supernovas que ocasionan unha imensa forza que se ve reflexada en estrelas coma US 708.
 




No hay comentarios:

Publicar un comentario