lunes, 16 de marzo de 2015

Ganímedes, o océano do Sistema Solar

   Ganímedes, a luna máis grande de Xúpiter e do Sistema Solar alberga un gran océano subterráneo. Isto, é o que revela o Hubble.

   Dende hai tempo sospeitábase isto pero nunca se conseguira demostrar. Ahora, co Hubble e un novo método de investigación consigueuse pór unha sólida proba encima da mesa. Para isto valéronse das auroras producidas polo campo magnético desta luna, que analizadas da forma correcta poden decirnos moitos datos sobre o astro.

   Así, esta investigación conclúe cuns datos asombrosos. Según as observacións enterrado baixo 150 km de xeo na maior parte, xace un gran océano de auga salada, similar ao da terra e que tería uns 100 km de profundidade, dez veces máis ca as fosas Marianas ( o punto máis profundo do océano terrestre ).

   Con este descubrimento xa se pon os ollos noutras lunas que poderían ser similares coma Europa, Calisto ou Titán.

Fontes

No hay comentarios:

Publicar un comentario