lunes, 23 de marzo de 2015

Fukushima aínda vive

   Catro anos despois da catástrofe de Fukushima ,usouse un detector de muones, que son partículas que surxen cando penetran na atmosfera raios cósmicos e que chegan por miles á superficie terrestre.

   Estas partículas foron usadas debido a que frenan ao chocar con obxectos moi densos, coma o combustible nuclear e pódense detectar con unhas placas de radiografía.

    Esta proba fíxoselle ao reactor 1 e demostrou que o núcleo de combustible, formado por barras de uranio, estaba totalmente fundido, debido ao tempo que pasara sen a refrixeración que lle proporcionaba a auga. Tamén se lle fixo ao reactor 2 que tamén ten o núcleo fundido, ainda que en menor proporción ca o primeiro.

   Agora falta por determinar se ese uranio fundido conseguiu traspasar o forte illamento do chan ou se segue ahí. Para iso usaránse uns pequenos robots que se meteran nos buracos buscando ese combustible radioactivo perdido.

   Este incidente non só afectou ambientalmente a Xapón senón que lle leva costado o equivalente a 1450 millons de euros, e segue aumentando, co que recorda á histora de Chernóbil, que despois de varias décadas tamén está lonxe de acabar. Algo, que nos fai preguntar sobre a relativa seguridade e resgos da enerxia nuclear...

No hay comentarios:

Publicar un comentario