jueves, 19 de marzo de 2015

Eclipse solar

   Como ben saberedes, mañan, día 20 de marzo está previsto un eclipse solar que por desgraza só será visible totalmente nalgúns archipélagos do Atlántico e do océano Ártico.

   Así o mellor lugar para ver este fénomeno dentro da Península será Galicia, ainda que as nubes propias de meses temporalmente inestables como marzo, pódennos estropear o eclipse.

   En todo caso o Sol comezará a ocultarse as 9:04 e non se verá completamente ata as 11:18, alcanzando o máximo as 10:04 aproximadamente no que máis da metade do Sol non se verá.

   Pero este espectacular fenómeno non nos pode estropear a vista, polo que convén recordar que hai que usar unha protección convinte como as denominadas gafas de eclipse que como o seu nome indica xa están adaptadas para este fin. Nunca mirar con gafas de sol ou filtros insuficientes ou moito menos directamente, xa que isto poderíanos ocasionar danos permanentes na vista. Para isto si non se teñen gafas ou outros recursos, podese observar reflectido nun obxecto á sombra. E senón sempre se poderá ver nas noticias, que nos darán unha imaxe en diferido pero de moi boa calidade!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario